Ola! Aquí vos deixo os pasos para calcular os intervalos de monotonía dunha función, ou o que é o mesmo, onde é crecente, onde decrecente...
E aquí un vídeo onde calculan eses intervalos..., e dos casos máis sinxelos, para funcións polinómicas e faino mirando o signo da derivada como di na teoría. Outro día veremos que tamén se poce facer usando a función derivada segunda f ' ', que non é máis que derivar a primeira derivada... E tamén veremos que o primeiro paso debe ser sempre calcular o dominio porque para funcións máis complicadas pode cambiar de crecente a decrecente sen pasar por un máximo...,pensade nunha funcion que teña unha asíntota verticl nun punto e que a súa esquerda sexa crecente e a derita decrecente...
Pero para ir pouco a pouco imos co vídeo...

No hay comentarios:
Publicar un comentario