Mostrando entradas con la etiqueta 1ºBACH. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 1ºBACH. Mostrar todas las entradas

lunes, 15 de junio de 2020

1º BACH. Números complejos. Parte 2.


En la anterior entrada vimos operaciones de números complejos en forma binómina a+bi, pero también es muy común hacer operaciones cuando están en forma polar, es decir, expresados como dos números,  uno que representa el módulo que tendría el vector de coordenadas (a.b) y otro que sería el ángulo que forma el vector con el eje X.

Os dejo unos vídeos en los que lo explica y un boletín de ejercicios resueltos para los que queráis practicar un poquito...



Forma polar de un  número complejo:

Multiplicación:


División


Raíces:





jueves, 11 de junio de 2020

1º Bach: Números complejos. Parte 1.


Ola!! Como xa vos dixen, tod@ alumn@ de ciencias ten que saber que é un número complexo e facer algunhas operacións básicas con eles, así que vou facer un par de entradas para que lle botedes un vistazo...



No seguinte enlace tenes un resumo de teoría de todo o tema...    Teoría

Potencias de i:




E agora uns vídeos para operacións básicas en forma binómica:

Suma e resta
Multiplicación 


División





viernes, 29 de mayo de 2020

1º BACH. Tema 8:Xeometría analítica. Parte 4.

Ola!!

O tema estaba rematado pero xa que varios me preguntaron dúbidas en relación aos problemas métricos nos que aparecen triángulos e nos piden a ecuación dalgunha recta notable ou as coordenadas dos puntos de corte desas rectas, deixo unha ficha de repaso na que recordo por onde pasa cada recta e que necesito para dar a súa ecuación...

Ficha repaso de rectas notables de triángulos

E algún exercicio máis do libro, da páxina 211...Solucións

martes, 26 de mayo de 2020

1º BACH. Tema 8: Xeometría analítica. Parte 3

Ola!!

Para rematar o tema 8, non queda máis que ver como se calculan distancias entre dous puntos, ou dun punto a unha recta, deixo unha ficha explicándoo...


Distancias,teoría e exemplos.

E algunhas aplicacións que se poden facer a partir do cálculo de distancias para obter lugares xeométricos

Aplicacións

Para practicar, da páxina 211 do libro podedes facer do exercicio 46 ao 54.

Solucións:

46. k = –2
47.a) Triángulo equilátero.  B) Triángulo isósceles.c) Triángulo isósceles.
48. 5’6
49.a) 6/5   b)3/2   c)2   d)1’6
50.  10  o  -10
51.a) 5/3    b)   0’55
52. 12’5
53.  4’03      y    3’53
54. 7

E para repasar 13 exercicios completamente resoltos, sería aconsellable facelos sen mirar e logo comprobar...

Ficha







jueves, 21 de mayo de 2020

1º BACH. Tema 8: Xeometría analítica. Parte 2.

Continuamos repasando a posición relativa que poden ter dúas rectas no plano...

Vídeo1

Final do vídeo1

E o ángulo que forman dúas rectas, que evidentemente é, o que forman os seus vectores directores...

Explicación


Para practicar, da páxina 209 do libro, podedes ir facendo desde o 20 ata o 45...

Comprobade se van ben aquí

miércoles, 13 de mayo de 2020

1º BACH: Tema 8: Xeometría analítica. Parte 1.

Empezamos tema novo!!

Vou a dividilo en tres partes. Na primeira imos recordar aspectos básicos do tema anterior de vectores e tamén as distintas ecuacións coas que podemos expresar unha recta no plano. Deixo un par de vídeos nos que o explico un pouquiño. É moi fácil, pero para calquera dúbida, xa sabedes...,comentario ou correo...

Vídeo 1

Vídeo 2

Por se non se ve ben, aquí van as imaxes dos folios nos que escribía...

1
2
3
4

Un resumo de todo o tema con algún exemplo
Teoría

E para ir practicando os exercicios do libro, da páxina 209, podedes ir facendo do 1 ata o 16.
E para comprobar se están ben, aquí.

viernes, 8 de mayo de 2020

1º BACH: Vectores 3ª e última parte( exercicios voluntarios)


Ola!!

O tema de vectores como sabedes xa está acabado...., aquí deixo un boletín de exercicios de repaso do tema, non é necesario que os fagades todos, soamente os que vos chamen a atención, que vexades diferentes...Teñen a solución, pero como sempre, se intentades algún e non vos sae, preguntádeme...


Exercicios extra

lunes, 4 de mayo de 2020

1º BACH: Vectores 2ª parte


Vamos coa segunda parte do tema, o primeiro a solución dos exercicios ...

Solucións exercicios libro

Agora imos explicar o

producto escalar de dous vectores...

e por se queda algunha dúbida un vídeo

Do libro de texto podedes facer da páxina 183, do 16 ao 33

Tendes as solucións para comprobar se o facedes ben aquí

martes, 28 de abril de 2020

1ºBACH: Vectores 1ª parte



Empezamos tema novo, VECTORES,  o 7 do libro de texto. Non ten nada que ver co tema 12 de Derivadas,que é o máis largo e o máis importante do curso sen ningunha dúbida...Para non liarvos con tantas entradas, vou poñer dúas ou tres máximo para todo o tema. Nesta primeira déixovos unha ficha con toda a teoría do tema, e outra con exercicios resoltos tamén de todo o tema, de momento mirade soamenete o que vos explico nos vídeos que son os dous primeiros puntos. Subo tamén dous vídeos explicando un pouquiño e para empezar a practicar podedes facer do libro de texto,
páxina 182, os exercicios do 1 ao 15.

Na próxima entrada porei as solucións e se tendes dúbidas, xa sabedes...


Teoría tema completo

Exercicios resoltos  ( de momento podedes ir mirando o 1,2,3,4,7,9 e 10)

Para aclarar algo a teoría...


Vídeo1

Vídeo2

jueves, 23 de abril de 2020

1º BACH: Aclaracións despois da videoconferencia



Espero non olvidarme de nada...

O primeiro que me pedistes foi o desenvolvemento dos problemas de optimización do libro, da páxina 330. Cambiei as solucións porque estaban con raíces e fraccións, para que as teñades con decimais que será como as tendes todos de usar calculadora...., pero aquí van feitos paso a paso...

60,61 e 62

63 e 64

65 e 66

67 e 68

Despois tamén me dixestes que había algún erro nos exercicios de calcular parámetros de funcións, e revisándoos había máis de un..., deixo a folla de enunciados coas solucións correxidas e todo o desenvolvemento.

Enunciados

21, 22 e 23

24, 25 e 26

E noutra ficha de cálculo de parámetros tamén había un erro nun enunciado, que non chegaban os datos...

Ficha resolta
5



miércoles, 22 de abril de 2020

1ºBACH: Correccións e solucións



Varias cousas:

Nos exercicios de l'Hopital que tiñan a solución hai un erro, no apartado b) a solución é 0, non 1 como viña na ficha.

Olvidarame de poñer as solucións dos exercicios tamén de l'Hopital que mandara facer do libro, da páxina 314, o exercicio 4) a)-1/7   b)5/3    c)0    e da páxina 329, exercicio 50) a) 1    b)1/5       c)  0  d) inf     e)0     f)1/2     e do exercicio 51) a)1/2     b)  2.

Tamén varios de vos me comentastes que os problemas de optimización vos resultan complicados..., unha vez que colledes a mecánica van a ser moi fáciles. Hai que buscar cal é a función que temos que optimizar, se depende de dúas variables, buscar noutro dato do problema a posibilidade de despexar unha das variables...(hai que acordarse de fórmulas de áreas e volumes...), logo e sustituir na función para que xa soamente teña unha varable, derivar, igualar a cero e, listo!!

Deixovos aquí o desenvolvemento, pero intentade facelas vos antes de miralo...

1

2

3


martes, 21 de abril de 2020

1º BACH: Estudio continuidade e derivabilidade en funcións definidas a anacos



Por fin, rematamos o tema de derivadas...
O último que queda e estudar a continuidade (esto xa o vimos) e a derivabilidade de funcións definidas "a anacos".

Se vos acordades para o estudo a continuidade era comprobar que se cumplían tres condicións, que estivera definida a función nese punto, que existira o límite, e que ambos resultados coincidisen...

Se unha función non é continua nun punto, xa non vai ser derivable. Pero pode ocorrer que sexa continua e non derivable, cando teña o que se chama un "punto anguloso"..., entón estudaremos a derivabilidade, facendo nese punto as derivadas laterais e vendo se coinciden...

No libro tendes exemplos resoltos na páxina 323 e 324. Eu deixovos un resume de teoría e uns exemplos resoltos.

Teoría

Exemplos

Exercicios para practicar: páxina 329 do libro: 57 e 58
________________________________________________________
Solucións:
57)
a)en x= 2 continua pero non derivable
b)en x=3 continua pero non derivable
c)en x=0 continua e derivable
58)
a) m = 8, n = 3.
b) m = 1, n = 2.
c) m = 3, n = -1

d)m = 2, n = 1.
___________________________________________________________

E por se é necesario, dous vídeos, un de estudo sen parámetros e outro de calcular parámetros para que sexa derivable a función...








lunes, 20 de abril de 2020

1º BACH: Rematando tema derivadas

Quedannos tres cousiñas para rematar o tema de derivadas...

A primeira é a chamada Regla de L´Hopital, que nos permite calcular límites de cocientes de funcións cando temos indeterminacións da forma 0/0 ou tamén infinito/infinito, deixovos aquí unha ficha con teoría, dous exemplos e uns exercicios con solución. Tamén podedes mirar o libro na páxina 314 e facer o exercicio 4 desa páxina, e o 50 e 51 da páxina 329. Porei as solucións...

Teoría con exercicios.



A segunda é a chamada derivación logaritmica, sabemos derivar funcións potenciais,(unha función elevada a un número), e funcións exponenciais(un número elevado a unha función), pero, que pasa se temos unha función elevada a outra función???
Teremos que usar a derivación logarítmica, que non é mais que aplicar logaritmos primeiro, derivar, e despexar a función derivada que queríamos obter..., a ver se con este vídeo o entendedes que é moi sinxelo.

Teoría


Exercicios






A terceira será estudar a derivabilidade de funcións definidas a anacos..., pero vou a deixalo para a seguinte entrada...



viernes, 17 de abril de 2020

1º BACH: Exercicios optimizacion e parámetros


Ola!!

Como hai quen xa acabou todos os exercicios, unha última ficha de exercicios de optimización e cálculo de parámetros con solucións..., xa me decides en comentarios se vos saen..., e se algún non o dades feito decídesme e poño todos os pasos...


Ejercicios

1º BACH: Explicación e exemplo cálculo de parámetros en funcións



  Xa que parecía que había lío no cálculo de parámetro, déixovos un vídeo explicándoo un pouquiño e outro con un exemplo paso a paso, seguro que así xa vos saen..., xa me diredes!!


Vídeo1

Exemplo

jueves, 16 de abril de 2020

1ºBACH: Cálculo de parámetros en funcións



Seguimos co tema de derivadas...Unha aplicación máis é, para calcular parámetros en funcións cando nos dan unha serie de condicións que cumplen ditas funcións: pasar por un punto, ter un máximo ou un mínimo nun punto, ter un punto de inflexión, que nun punto nos digan cal sería a pendente da recta tanxente...Cada unha destas condicións daranos unha ecuación e resolvendo o sistema que se forma teremos os parámetros buscados...Déixovos teoría, exemplos e exercicios. A ver se saen, se non fago un vídeo para explicalo algo máis. Xa me decides en COMENTARIOS


Teoría

Exemplos

Exercicios

miércoles, 15 de abril de 2020

1ºBACH: Solucións pb de optimización e tres gráficas da ficha ex.30


Ola!

Aquí vos deixo as solucións aos problemas do libro, da páxina 330. A ver se vos saen e se non maña poño o desenvolvemento completo...


60)  x=50, y=50
61) x=25, y=25
62) x=10, y=10
63) base=10
64) x=25, y=50
65)  x=y=8'48
66) r =2'88  h=5'76
67) x=y=1'8
68) x=7'1 y=14'2

E aquí as gráficas b),c) e f) do exercicio 30 da ficha.

graf1.

graf2.

graf3.

Para os que non vos deixa escribir comentarios...




Ola!

Algúen me tiña dito que non lle permitía escribir comentarios no blog. Se o vedes no ordenador seguro que vos deixa. Se o facedes no móbil, por defecto aparece o blog nuns tonos de azul grisáceo e así non vos deixa, pero se deslizades a pantalla e escolledes abaixo de todo :" Ir a versión web", xa vos aparce neses tonos marróns e vos permitirá escribir comentarios sen problema...probade e xa me decides...

martes, 14 de abril de 2020

1º BACH:Problemas de optimización




Ola!

Para acabar o tema 12 aínda nos quedan unhas cousiñas...Unha delas son os chamados problemas de optimización, que consisten en traducir un problema a unha función para despois calcular os valores nos que esa función ten máximos ou ben mínimos...

Moi importante!! De momento soamente sabedes derivar funcións de unha variable, é dicir, que se cando expresades a función vos quedan x e y, buscade no enunciado algún dato que vos permita poñer unha das variales en función da outra para que soamente quede unha....

Aquí vos deixo un vídeo con un exemplo que xa traballaramos en clase, seguro que vos acordades...Agora piden calcular as dimensións da ventá para que teña área máxima. Esa é a función que teño que conseguir, a que da a súa área!!, para iso usamos as fórmulas de áreas coñecidas e o dato de perímetro que me dan para que soamente quede unha das variables...

Botádelle un vistazo a ver se o entendedes e despois podedes ir facendo do libro, da páxina 330 desde o 60 ata o 68. Irei subindo as solucións a partir de mañá.



1ºBACH: Pasamos lista 1º BACH-B

Poñede o nome nos comentarios para ver que estamos todos por aquí...😉