martes, 14 de abril de 2020

1º BACH:Problemas de optimización




Ola!

Para acabar o tema 12 aínda nos quedan unhas cousiñas...Unha delas son os chamados problemas de optimización, que consisten en traducir un problema a unha función para despois calcular os valores nos que esa función ten máximos ou ben mínimos...

Moi importante!! De momento soamente sabedes derivar funcións de unha variable, é dicir, que se cando expresades a función vos quedan x e y, buscade no enunciado algún dato que vos permita poñer unha das variales en función da outra para que soamente quede unha....

Aquí vos deixo un vídeo con un exemplo que xa traballaramos en clase, seguro que vos acordades...Agora piden calcular as dimensións da ventá para que teña área máxima. Esa é a función que teño que conseguir, a que da a súa área!!, para iso usamos as fórmulas de áreas coñecidas e o dato de perímetro que me dan para que soamente quede unha das variables...

Botádelle un vistazo a ver se o entendedes e despois podedes ir facendo do libro, da páxina 330 desde o 60 ata o 68. Irei subindo as solucións a partir de mañá.



No hay comentarios: