lunes, 30 de marzo de 2020
3ª semana!!!
Ola!! Bos días a tod@s!!
Aquí estamos xa na terceira semana, e penso que aínda nos van quedar unhas cantas máis...
Espero que sigades tod@s ben e tamén as vosas familias...
Como sabedes, temos que poñer as notas da 2ª avaliación co que tiñamos ata o 12 de marzo..., como tiñamos feito un parcial, esa será a nota que porei... Non vos preocupedes porque a segunda avaliación non é para nada determinante, e menos nesta situación...
As notas enviaránsevos o venres por ABALAR.
O que si temos que facer é ir poñéndonos as pilas de cara a terceira. O destas tres semanas (que non eran vacacións, aínda que para algún si o foron...) non o consideraron avaliable pero na terceira si o será!
Á volta de "vacacións", iremos dando materia nova, na medida do posible..., seleccionarei os temas que me parezan máis doados para ir comezando e necesito levar un pouco máis de control de quen está traballando e quen non..., así que COMENTARIOS PLEASE!!, e aínda me quedan tres ou catro por dar señais de vida...
Nestes días mandareivos unha invitación ao voso correo electrónico para que instaledes unha aplicación para facer videoconferencias, vale ordenador, móbil e ata con teléfono fixo, así que non vos preocupedes... O que si podedes e ir dándome a vosa dirección de e-mail..., a miña era carmenguede@gmail.com
Ánimo e a seguir traballando que así pasa mellor o tempo...😉😉
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
11 comentarios:
Hola Carmen soy Judith yo ya te envíe el correo pero creo que no te llega
Sii, xa o teño.Gracias.
Hola soy Alex González,gracias
Hola Carmen, soy Gabriel. Ya te envié el correo
Hola soy eli gracias
hola soy nico y ya te mande el correo
Soy Sheila , ya te lo envié , gracias
Hola, soy Pablo Cotelo, ya te envié el correo, gracias.
Hola soy Andrea yo ya te lo envié
Soy Antón, yo también te lo envié
Hola soy Adela , gracias
Publicar un comentario