martes, 14 de abril de 2020
3ª Avaliación
Bos días!!
Qué tal estades?
Espero que vos e as vosas familias sigades ben. Xa sei que nesta situación moitos estades máis preocupados pola saúde da vosa familia, a situación laboral..., e non polo curso ou as notas.
Eu como profe, teño que decirvos que tampouco teño moi claro como vai a desenvolverse o que queda de curso, nin ata cando vai durar o actual estado, pero como mínimo o que queda de mes, seguro.
Despois destas medio "vacacións" toca volver ás "clases".... Seguiremos traballando un pouquiño aínda que está claro que non vai ser o mesmo que coas clases presenciais...
Probamos onte o da videoconferencia e non o vexo para dar clases, pero de vez en cando faremos unha para, polo menos, vernos... Nesta semana seguirei facendo probas, mandádeme as direccións de correo electrónico os que aínda non o fixestes...
O que vou a seguir usando é o blog, subirei vídeos, fichas de exercicios, solucións...e é imprescindible que poñades COMENTARIOS para que eu saiba quen vai facendo, onde tedes problemas... Por suposto tamén a través do correo electrónico.
Ánimo e a traballar un pouquiño que así tamén se pasa mellor o tempo.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
que es eso de las pruebas?
As videoconferencias
Publicar un comentario