Deixo as solucións da ficha anterior
aquí
e aquí
E agora empezamos:
Seguro que xa vos soa a todos o famosísimo Teorema de Pitágoras, que a partir de agora imos usar moitísimo...
Serve para calcular un lado en triángulos RECTÁNGULOS, cando coñecemos os outros dous.
Recordamos que os dous lados que forman o ángulo recto chámanse catetos, e o lado máis largo chámase hipotenusa.
Pois o que di o teorema de Pitágoras é que a hipotenusa ao cadrado é igual á suma dos cadrados dos catetos
Podemos averiguar canto vale calquera dos tres lados, se coñecemos os outros dous, xa que un cateto ao cadrado será igual á hipotenusa ao cadrado menos o outro cateto ao cadrado...
Usaremos a fórmula 1 para averiguar a hipotenusa e a 2 ou a 3 para averiguar un dos catetos.
Realmente, o que nos di o teorma de Pitágoras é que a área do cadrado construido sobre a hipotenusa é igual á suma das áreas dos cadrados construidos sobre os catetos...como se ve na seguinte imaxe!!
Co teorme de Pitágoras tamén podemos saber que tipo de triángulo temos, según os seus ángulos.
Se a hipotenusa ao cadrado é igual á suma dos catetos é RECTÁNGULO
Se a hipotenusa ao cadrado é menor á suma dos catetos é ACUTÁNGULO
Se a hipotenusa ao cadrado é maior á suma dos catetos é OBTUSÁNGULO
Revisade con calma todo o visto no seguinte vídeo e probade a facer estes exercicios




7 comentarios:
Soy Antón, me dieron bien. Excepto el 9 que algunos números no me coincidian y el 13 d) que yo creo que son secantes pero no se si tengo razón o no
Certo Antón, para q fosen tanxentes exteriores, os centros terían q estar a 17 cm. Son secantes!!
Dan me todos e agora estou facendo estos exercicios
Soy Antón, ya acabé estos de Pitágoras.
Soy Gabriel estoy con los de Pitágoras!
Hola, casi los terminé. Hasta ahora bien.
Ya los terminé
Publicar un comentario